Serán dez as empresas que este ano elaboren aceite con selo 100% galego. En Galicia hai 140 hectáreas con 151.000 oliveiras. O ano pasado envasaron máis de 6.000 litros de aceite, este ano poderían superar esa cifra. A variedade que máis se emprega en Galicia é a arbequina, por enriba das autóctonas Brava e Mansa.
Para facer un litro de aceite, precísanse 10 quilos de olivas polo que, segundo os produtores este ano o litro venderase a uns 15 euros.
A Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia ten nova sede, no antigo local da Cooperativa de Arnioa, froito da colaboración co concello desta localidade ourensana, situada na comarca do Ribeiro.