Nova sesión formativa sobre o Porco Celta este sábado

A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (ASOPORCEL) celebrará o sábado 23 de novembro no Pazo de Feiras de Lugo unha nova sesión formativa sobre o Porco Celta en Galicia. 

Nesta ocasión contarase coa intervención de Cruz Castro (técnica veterinaria de ASOPORCEL), Fernando López (xefe de Servizo Territorial do FOGGA, da Consellería do Medio Rural), Jordi Baliellas (veterinario coordinador da Área de Sanidade Animal de Interporc), Rafael Pérez (xefe do Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural) e Daniel Franco (xefe de Investigación Agroalimentaria do Centro Tecnolóxico da Carne). 

A importancia da bioseguridade para a cría en extensivo, as diferentes posibilidades de produción con esta raza, as axudas dispoñibles para as explotacións e os procesos de transformación e comercialización do Porco Celta serán algúns dos temas centrais da xornada. 

O acto de presentación oficial do programa terá lugar o martes 19 de novembro ás 11:00 horas no Pazo de Feiras de Lugo.

As persoas interesadas en asistir poden realizar a inscrición vía telefónica no 982 226 252 antes do 21 de novembro ás 14:00 horas.