O proxecto “Río Miño: un destino navegable” ten como obxectivo mellorar a navegabilidade do río Miño Internacional, pór en marcha a xestión compartida do espazo Rede Natura 2000 do Baixo Miño/Rio Minho e aproveitar a existencia de patrimonio cultural e natural de alto interese turístico no val do Miño Internacional, asociado á especificidade da fronteira, convertendo ese potencial turístico nunha vantaxe competitiva fronte a outros destinos.
O Museu do Alvarinho, de Monçao, acolleu a presentación oficial do proxecto “Rio Miño: Un Destino Navegable” impulsado polo ex alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal -presente onte no acto-, que promoven as dúas Eurocidades miñotas: Monçao-Salvaterra e Tui-Valença, representadas por tres dos catro alcaldes: Marta Valcárcel (Salvaterra), António Barbosa ( Moçao), e Manuel Lopes (Valença do Miño), así como representantes da Dirección Xeral do Patrimonio Natural da Xunta, da Axencia de Turismo de Galicia, e Turismo Porto e Norte de Portugal. Todos iso encargáronse de expoñer o proxecto -valorado en 1,1 millóns de euros-, e que xa conta co visto e prace de Bruxelas.
Ata o 2023, data na que termina o financiamento europeo, as viaxes serán gratuítos con dous barcos , para que un poida remontar o Miño mentres o outro o baixa, e a frecuencia dependerá das mareas. Os viaxeiros podrán subir e baixar no embarcadoiro que prefiran e os roteiros contarán con pequenos autobuses para percorrer as adegas e espazos de interese de cada destino.
Este proxecto resulta dun traballo de proximidade e de cooperación transfronteirizo entre as institucións locais e rexionais con competencias en materia de desenvolvemento local, de promoción do turismo e de conservación da natureza,
As actividades a realizar son a mellora da navegabilidade do Río Miño, a valorización do corredor medio ambiental do Río Miño Internacional , a Consolidación da Marca Visit Rio Miño , a Creación da ruta fluvial do Río Miño , e Xestión e Coordinación e Comunicación .
Como resultado deste proxecto as actuacións previstas permitirán situar o río Miño transfronteirizo, como un destino turístico de referencia, único e diferenciador, resultado da xestión sustentable e integrada do destino transfronteirizo e da diversidade cultural e natural do val do Miño. As actuacións van direccionadas á poboación transfronteiriza, ao incrementar a diversificación da económica local e ao mellorar a calidade ambiental da súa contorna.
O proxecto permitirá tamén aumentar a conexión entre a poboación e as zonas ribeiregas e os ecosistemas asociados e concienciar á poboación local para a necesidade da súa conservación e valorización.