
A mostra, que está instalada no Centro Cívico da localidade, foi inaugurada polo alcalde, Walter Pardo; a concelleira de Igualdade, Leticia Varela, e a presidenta da Federación, Verónica Veres.
Trátase dunha mostra, itinerante, xa visitou lugares como Cangas do Morrazo ou Cariño, que pretende potenciar o empoderamento das mulleres no sector pesqueiro con políticas que axuden a visibilizar o seu traballo.