
Tras a candidatura presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), o lucense Mesón de Alberto foi recoñecido na categoría de empresa hostaleira.
Como en anteriores ocasións, a través destes recoñecementos, a organización empresarial quere pór en valor o traballo que realiza a industria hostaleira e a súa contribución ao desenvolvemento económico do país, así como recoñecer aquelas iniciativas que son un claro exemplo e un modelo a seguir para o resto de empresas do ámbito.
Os galardoados nun total de 16 categorías recolleron os seus recoñecementos nun acto que tivo lugar na noite do mércores 3 de novembro en Madrid.