Xornadas lucenses para mellorar a competitvidade e a calidade das explotacións lácteas

O xoves e o venres da semana que vén, 14 e 15 de novembro, terán lugar na Facultade de Veterinaria de Lugo as XVII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de SERAGRO, que reunirán a "prestixiosos expertos do sector agrogandeiro nun foro que xa é un auténtico referente para os productores, pois aborda cuestións de especial interese para mellorar a produtividade e competitividade das explotacións, o benestar dos animais e a calidade do producto”.

Así o aseguraba o deputado de Recursos Sostibles da Deputación, Roberto Fernández Rico, que tamén aproveitou a ocasión para destacar outros proxectos en marcha como "o Centro de Recría, que a día de hoxe acolle a máis de 1.200 xatas. Construímolo en solitario e fixémolo co fin de mellorar o sector lácteo; facelo máis competitivo e, por suposto, facilitar a vida dos profesionais deste eido”

“A Granxa Experimental de Leite é outro destes exemplos. Deseñámola en colaboración co Campus Terra e será o primeiro centro de investigación sobre o sector lácteo da provincia. Con este proxecto, apostamos por un modelo de innovación neste ámbito que contará con 5 naves onde haberá instalacións para gando, aulas de prácticas, maquinaria ou laboratorio. O obxectivo é avanzar na redución dos custos de produción do leite, e na automatización e na incorporación das novas tecnoloxías a este proceso.”

A primeira das xornadas, o vindeiro xoves, 14 de novembro, inclúe 7 relatorios nos que se abordarán os seguintes temas: Calidade do leite nos procesos industriais, impartido polo enxeñeiro agrónomo Jaime Magdalena; A Detección de inhibidores no leite, da man da directora técnica do Ligal, María Luisa Barreal; O Leite en ecolóxico, produción responsable e sostible, impartido polo veterinario xerente da Casa Grande de Xanceda, Guillermo Martínez; A Excelencia na produción de leite, a cargo do asesor veterinario de vacún de leite, Gordon Jones; A Calidade e manexo de lactorremprazantes, da man do veterinario responsable técnico en Denkavit (Holanda), Peter Van’t Veld; e A Eliminación e descarte de vacas na explotación leiteira, impartido polo profesor da UAB, Ramón Armengol.

Na xornada do venres, 15 de novembro, impartiranse os seguintes relatorios en horario de mañá: Control de insectos, roedores e aves de vacún leiteiro, polo veterinario de vacún de leite en Assessoria Boví Lleter, David García; Secado Selectivo, da man do servizo de calidade do Leite de Seragro, Almudeda Tato; 40.000 kg de leite por vaca, a cargo da enxeñeira agrícola Rebeca Cembranos; Aplicando biotecnoloxía para a produción sostible de proteína animal nun mundo con billóns de habitantes, impartido por Juan Moreno, CEO de Sexing Technologies.

Xa pola tarde trataranse os seguintes temas: Alternativas para o descanso das vacas e os seus custos en Galicia, a cargo do técnico de Seragro, Gonzalo Gómez; Camas e saúde podal, impartido por José María García, do servizo de podoloxía de Seragro; Efecto do uso de area nas camas na fertillidade física no solo, a cargo do doutor enxeñeiro agrónomo, Adolfo López; Manexo de camas de compost e xurro reciclado na vaca de leite. Impacto na saúde do ubre, polo veterinario Oriol Franquesa; Aldapa SCL. Fracción sólida de xurro en cubículos: medos e realidades, impartido polo gandeiro socio de Aldapa SCL, Pedro Ezcurra; e A Alerxia nunha granxa de produción de leite: do produtor ao consumidor, a cargo da facultativa do CHUAC, Beatriz Veleiro.