HILO DIRECTO con... María Veiga Duarte, de Bisqato

Aproveitando Etiqueta Negra Gourmet tamén nos pasamos polo stand de Atelier Bisqato, unha queixería con pouco máis dun ano de vida que xa conseguiu un ouro no World Cheese Award. Falamos con María Veiga Duarte, unha das caras detrás deste proxecto. 

Qué supuxo para vós este premio?

Cando empezas a facer algo tan diferente, que prácticamente non se fai en outros sitios de España, sempre tes a dúbida de se estará ben. E cando mandas un queixo que ten 5 meses de vida ao World Cheese Awards e che dan unha medalla de ouro, sendo os únicos españois nesa categoría con medalla... Foi como... Estamos facendo as cousas ben. 

Para que non vos coñeza, qué tipo de queixos elaborades?

O que estamos facendo é unha corteza enmohecida, o Xiros, que  levamos comercializando dende hai un ano. Logo o Lía, que é unha corteza lavada, é o queixo do premio. Son queixos cun sabor moi intenso, porque traballamos con leite cru, gústanos ese sabor a pastos, a vaca... O último queixo é unha mezcla dos dous, unha corteza lavada con penicilio. Tamén estamos facendo probas de pastas semi cocidas na queixería. 

Parece que a cousa vai ben...

Non nos queixamos, estamos moi contentos. Levamos un ano e estamos con 4.000 kg e espero que agora suba coas navidades. Esperamos pechar o segundo ano así.