HILO DIRECTO con Luís Tilve e Andrés Granero, de Cervezas Meiga


Aínda coa resaca da feira Etiqueta Negra Gourmet celebrada en Pontevedra, recordamos a conversa que mantivemos cos artesáns de Cervezas Meiga, que nos falaban dos seus últimos proxectos...

¿Traedes algunha novidade?

Hai novidades que non puidemos traer á feira porque aínda están no fermentador, pero que pronto poderemos anunciar. Son cousas moi especiais, imos intentar telas para Nadal. O que si trouxemos foron as edicións especiais que fixemos para a feira franca, unhas cerveciñas edición limitada que non se repetirán.

¿De qué estilo son?

Unha é unha grisette, un estilo moi suaviño ao que lle botamos avea e malta de trigo. E a outra é unha farmhouse IPA, moito más lupulada, máis aromática.

¿Con cal ganástedes o premio do Pontebirra?

A verdade é que foi un conglomerado de todas, porque aí prémiase a fábrica. A xente poría a Meiga Tambo, a Grisette… Digamos que o sumatorio deu Meiga.

O caso é que non parades de argallar cousas, vedes unha boa tendencia no mercado? A hostalería responde?

A tendencia é que estamos quedando sen stock, esa é a tendencia. A hostalería que coñece ben o que está manexando queda contenta e sigue traballando con nós. Este produto, unha cervexa artesá sen pasteurizar, é un produto que tes que coñecer e ter un mimo con el. Iso non quere decir que o produto se poda malograr. Se tes un mínimo coidado mellora en botella ou en barril e vas a ofrecer ao cliente un produto completamente diferente.