HILO DIRECTO con... Juan Luis Romero, de O Corvo

En Etiqueta Negra Gourmet tamén falamos con Juan Luis Romero, de cervexa O Corvo. Un artesán de Ribadumia que sempre ten saído ben parado nas catas HGg&T e que nesta ocasión nos presentaba o seu último proxecto, unha cervexa con mosto de albariño en colaboración con adegas Santiago Roma. 

Fálanos desa novidade, desa Maltum Grape... 

Maltum Grape é unha cervexa en colaboración con bodegas Santiago Roma na que cada un aporta o seu produto, el o mosto de albariño e eu a cervexa. O que facemos é unha mistura para poder fermentar e quitar unha cervexa nova. 

O que chama a atención ao probala é que non domina ningún dos dous sabores...

Nin o viño lle gaña á cervexa, nin a cervexa ao viño. Está bastante equilibrado. E con iso conseguimos unha cervexa totalmente distinta, que non hai no mercado. 

Como pensades distribuila?

De momento non a temos embotellada, sairá ao mercado próximamente e estará en varios locales de toda Galicia e tamén de fóra. O obxectivo é movela tanto en hostalería como en tendas gourmet. 

Axuda aliarse cunha bodega como Santiago Roma, que xa conta cunha rede de distribución propia?

Todo axuda. É unha cervexa que se pode mover por distintos ámbitos pola dirección directa que ten co viño.