Esta fin de semana pódese visitar no recinto feiral de Pontevedra o salón Etiqueta Negra, a feira dos produtos gourmets galegos que acada a IV edición. Estará aberta ata o lunes 11 de novembro e mercece moito a pena visitala. Unha boa opción para esta choivosa finde semana. Foi inagurada polo caldade Miguel Anxo Fernández Lores e pola concelleira de Turismo, Yoya Blanco, entre outras personalidades.
No acto de apertura, o alcade de Pontevedra salientou que "esta edición de Etiqueta Negra é a edición da consolidación, e non hai mellor indicador de éxito que o afianzamento e o fortalecemeto desta feira. Este ano duplicamos as cifras de participación da primeira edición, e iso só é posible porque a semente que con tanto tino plantamos fai catro anos prendeu en boa terra e vemos agora como agroma con forza e enerxía".
Durante tres días volven confluír neste espazo todos os camiños cos que o sector agroalimentario galego se foi reinventando nos últimos anos. Desde os produtos máis comúns, como os queixos, as conservas, ou os embutidos, ata os tradicionalmente denominados delicatessen, como as gulas, as ostras ou o foie de pato.
Lores salintou, ademis, que Etiqueta Negra é "o único evento gastronómico de produto exclusivamente galego refrendado polo éxito de visitantes: máis de 8.000 persoas pasaron por esta feira durante a pasada edición".
En definitiva, como dico o alcalde Pontevedrés, e non hai dúbilda de iso, salientou que Etiqueta Negra é unha aposta que pasa por poñer en valor e acoller propostas que falen de desenvolvemento sustentable, neste caso o dun sector estratéxico para o país como é o da agroalimentación.