Dez empresas galegas daranse cita no Fórum Gastronómico de Barcelona

Dez empresas glegas, da man coa Consellería do Medio Rural estarán presente a vindeira semana no Fórum Gastronómico de Barcelona, que se celebra desde o luns 18 ata o mércores 20 en Barcelona, O posto que terá a Consellería é de 130 metros cadrados e nel tamén estará o posto da Agacal, un espazo propio para poder dar a coñecer e informar sobre todos os selos galegos de calidade. 

As empresas participantes son Lagar da Cachada (Cambados), Disaligal S.L. (Tomiño), Mieles Anta (A Coruña), Lugar da Veiga S.L. (Chantada), Orballo (Paderne), Bico de Xeado (Bergondo), Petroni (Padrón), La Central Heladera (Ourense), Mareterra Deluque (Ourense) e Queixos Castelo (Pedrafita do Cebreiro). Entre os produtos a promocionar nesta feira destacan a produción de café, té, cacao, especies, galletas mariñeiras, xeados artesáns, conservas, queixos da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro, viños da Denominación de Orixe Rías Baixas e distintos vermús. 

Nesta edición do Fórum Gastronómico de Barcelona participarán máis de 300 empresas expositoras con máis de 500 marcas, entre elas as firmas galegas que apostan un ano máis por promocionar os seus produtos e así abrir novos mercados.