Constituido o Comité de Expertos do Festival de Sabores Atlánticos (SAL)

Acaba de constituíuse o Comité de Expertos do Festival de Sabores Atlánticos (SAL) que se celebrará na cidade no mes de xullo do vindeiro ano na cidade da Coruña. Estiveron presentes a presidenta do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Diana Cabanas e tamén a xerenta, Lanzada Calatayud. Acudiron, por outra banda, representantes dos patrocinadores principais do evento, Estrella Galicia e a Deputación da Coruña, co vicepresidente do goberno provincial, Xosé Regueira, á cabeza.

Este comité está constituído por recoñecidos cociñeiros, entre eles varios pertencentes ao Grupo Nove e á hostalería coruñesa, representantes dos hostaleiros coruñeses, da Escola Universitaria de Turismo da Coruña, do sector da alimentación, de medios de comunicación especializados e tamén do mundo da cultura, a maiores do Comité Técnico do Festival.

Nesta primeira toma de contacto fíxose unha valoración da edición do 2018 e comezouse a preparar a edición do vindeiro ano.

O Festival de Sabores Atlánticos vivirá este vindeiro 2020 a súa segunda edición tras o éxito acadado no 2018. Nesta ocasión o evento gastronómico coincidirá en datas coa parada da Tall Ship Races na cidade, o que provocará que A Coruña viva unhas datas moi especiais. Este evento gastronómico recolle o espíritu aberto, acolledor e cosmopolita da cidade herculina co fin de poñer en valor a gastronomía atlántica.