Comeza a montarse a gran noria do Nadal vigués

Segue a conta atrás para ambiciosa campaña de Nadal de Vigo, que aspira a repetir a gran afluencia de visitantes que acadou o ano pasado. Esta semana comezaron a montar a gran noria que se instalará a carón da Alameda, unha das principais novidades deste ano. 

O alcalde da cidade, Abel Caballero, visitou este mércores o inicio dos traballos dunha noria que contará con 62 metros de altura e capaccidade para 192 persoas, con 198.000 puntos LED e unha pantalla central de 3,5 metros de diámetro na que poderán reproducirse vídeos. 

Segundo informou o alcalde, a noria comezará a xirar o 24 de novembro, un día despois do alumeado do Nadal vigués. Funcionará todos os días dende as once da mañá e pechará a media noite de luns a xoves, á unha da madrugada os domingos e festivos e ás dúas os venres, sábados e vésperas de festivo.