Moitos coñecemos gastronómicamente a Moraña pola súa festa do carneiro ó espeto, que este pasado
mes de xullo cumpriu nada menos que cincuenta anos como gran cita carnívora do verán galego.
Pero a Carballeira de Moraña non se abre só para esta cita senlleira, nesta mesma explanada celebrarase mañá o tradicional Magosto de Outono da vila, que contará cunha degustación gratuíta de castañas e chourizos asados, ademais da actuación do mítico grupo A Roda e a cantante Lucía Pérez pechando a xira "A Roda da Igualdade".
A alcaldesa da vila, Luisa Piñeiro, desprazouse ata a zona para preparar a festa, que implica a colocación dunha gran carpa de 250 metros cadrados na que se calcula un aforo dunhas cincocentas persoas.