
Alberte Montes é actor, guionista, director, locutor...Durante a acción cultural, o artista desenvolveu o seu espectáculo: Galego pode selo calquera...: Ser galego é doado? Depende. Os galegos temos un xeito de ser característico e diferenciado doutros pobos e culturas que nos rodean. “Historicamente teñen empregado os tópicos para ridiculizarnos e mofarse de nós, feito que explicaría en parte que arrastremos algo de autoxenreira. Eses tempos foron pasando e agora xa somos quen de defendernos con orgullo dese estigma combatendo aos ignorantes, ríndonos dos propios defectos e chufando das nosas diferenzas.”
Nesta sexta edición continuouse coas catas solidarias, solicitando que cada asistente colabore cun donativo dirixido integramente para Cáritas Diocesana de Ourense, que que abarca diferentes ámbitos de actuación, dende programas de acollida, vivenda, infancia, etc. ata múltiples proxectos de voluntariado ou acción e dinamización social. Todas as persoas que apoian esta iniciativa entraron nun sorteo de botellas de viño das adegas participantes e merchandising da D.O. Ribeiro.
O ciclo celebrarase durante os xoves no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, dende o 7 ata o 28 de novembro con presentacións e degustacións de viños de adegas da D.O. Ribeiro e con accións culturais.