
Estas xornadas, que se extenderán ata o venres 15 de novembro inclúen distintas experiencias baseadas na natureza, o patrimonio e enogastronomíaque contribuirán á divulgacióndos atractivos naturais, patrimoniais, etnográficos e gastronómicos da Vía da Prataco obxectivo de incrementar o número de visitantes foráneos nesta rota a través da prescrición de operadores e outros axentes, tanto nacionais como Internacionais.
A xornada de hoxe arrincou o mércores no Concello de A Gudiña onde as axencias foron recibidas polo alcalde José María Lago quen os acompaññou no seu percorrido por un traxecto da Vía da Prata e lles amosou puntos clave na historia do concello como “A casa da viúva”. Pola tarde tooulle turno á comarca de Monterrei. Concluiu claustro dos Mercedarios de Verín coa Conferencia sobre a Sustentabilidade na Vía da Prata na que participou a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro
Na xornada de hoxe xoves continúan estas xornadas cunha intensa axenda que levará ás axencias a coñecer o casco histórico da capital termal de Ourense con visita ás Burgas, á Praza Maior e á ponte romana. De aquí partirán camino a San Cristovo de Cea onde realizarán a pé un treito da Vía da Prata; visitarán un forno tradicional e outro moderno de Pan coa IXP Pan de Cea e rematará cunha visita ó Mosteiro de Oseira.
O peche chegará mañán venres 15 de novembro en Expourense coa celebración dun workshop con reunións B2B entre as axencias que participan e todas aquelas empresas que ofrezan productos ou servizos especializados no ámbito da Vía da Prata que se apuntaron a esta actividade.