A gastronomía coruñesa estará no Fórum de Barcelona

O vindeiro luns 18 de novembro dará comezo en Barcelona unha nova edición do "Fórum Gastronómico", un dos eventos máis potentes do sector a nivel nacional no que non faltará a deputación da Coruña, que acude cun posto ao que convidou a todos os concellos da provincia para promocionar os seus produtos e darlle visibilidade aos atractivos gastronómicos locais. 

Durante os 3 días que dura o Fórum os visitantes terán á súa disposición e material promocional da provincia e poderán asistir a showcookings da man de cociñeiros en representación de cada xeodestino turístico.

Por outra parte, as empresas convidas polos concellos , terán presenza todos os días facendo degustacións de produto local no propio posto: empanada de Carballo, aceites de Vedra, queixos de Arzúa...

Por último, a Deputación da Coruña tamén terá presenza no escenario principal, denominado Ágora, no que dous cociñeiros galardoados con estrela Michelín realizarán showcookings para os asistentes promocionando o produto local.

En concreto, o luns haberá un showcooking de Adrián Felipez representando á Coruña e ás Mariñas e outro de Daniel López por Ferroltera. Para o martes está previsto un showcooking da Costa da Morte a cargo de Caco Agrasar, un de Lolo Mosteiro e outro de Kike Piñeiro representando ás terras de Santiago. Finalmente, o mércores estarán Pepe de A Muradana representando á Ría de Muros e Noia e Beatriz Sotelo por Ferrolterra.