Tui pode converterse nunha das sete maravillas rurales de España

A vila fronteiriza de Tui está nominada no concurso que organiza o portal HomeAway para atopar as 7 maravillas rurales de España co obxectivo de "seguir impulsando o turismo rural, non só entre os viaxeiros españoles senón tamén entre os viaxeiros de todo o mundo baixo o firme compromiso de apoiar e dar visibilidade ás vilas españolas que normalmente contan con recursos de promoción limitados". 

Tui é a única representante galega entre os 20 nominados, nos que predominan o sur e o centro de España, con vilas como Casares (Málaga), Ledesma (Salamanca), Consuegra (Toledo)...

Para votar por Tui tan só hay que acceder a través da páxina web habilitada para o concurso ata o vindeiro 17 de outubro. Unha vez cerrado o prazo de votación saberemos se Tui consegue convertirse nunha das 7 maravillas rurais de España.