
Este festival está organizado pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns e ven para quedarse, segundo avanzou na presentación do mesmo a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco.
Na presentación, a concelleira estivo acompañada polos elaboradores de cervexa artesán Anxo Puime, Lois Alfaya e Esteban Loureiro, que indicaron que Pontebirra pretende dar a coñecer un produto elaborado de xeito artesanal e profundizar na cultura desta bebida.
Na Alameda “habilitaranse stands para poder degustar as diferentes variedades de cervexa artesá e teremos foodtrucks para poder maridar as cervexas con pizza artesá, hamburguesas gourmet con pan de masa madre, tex-mex, comida alemana, croquetas, porco celta e crepes entre outros”, avanzou Gloria Blanco.