Nesta lexislatura na que se estrea como alcaldesa da Coruña, Inés Rey marcáse cinco eixos sobre os que pretende vertebrar a súa estratexia turística para a cidade. Así llo trasladou a HGg&T.
Tentarei que a cidade se converta nun destino capaz de satisfacer as necesidades do turismo cultural, de praias e natureza, gastronómico, de cruceiros e congresos. Unha cidade máis atractiva para os visitantes e que xere un impacto económico. A Coruña é unha oportunidade turística que hai que recuperar poñendo o foco nestes eixos fundamentais.
A Torre de Hércules,Patrimonio da Humanidade. Relanzar esta imaxe, así como a dous museos científicos que hai que renovalos. Tamén proxectos como a Casa Picasso.
Recuperar a Coruña como destino de congresos. Trátase dun turismo fóra de tempada cun gran impacto na economía local. Neste sentido, é moiimportante apostar polo aeroporto de Alvedro, con novos voos co fin de acceder aos mercados potenciais.

O lecer e a gastronomía sonoutro dos puntos fortes, e o sector da hostalería que vive unha importante renovación nos últimos anos. Desde o Concello potenciarase a oferta gastronómica creando a marca “Cociña Atlántica”.
O deporte é tamén un eixo turístico coa organización de grandes eventos deportivos como o maratón, reforzar a coordinación entre distintas entidades, vital para a xestión do plan de turismo. O Concello,
a través dá Concellería de Turismo, pretende recuperar a liña de axudas para os clubes e deportistas que viaxen fora da comunidade autónoma. Renovar a oferta cultural, en especial o Festival Noroeste e ter maior presenza en feiras internacionais.