Galicia acude ao TTG Incontri na súa 56ª edición

Galicia está actualmente participando na feira profesional TTG Incontri con empresas e profesionais do sector.  A Consellería de Cultura e Turismo participa no expositor que representa a España cuxa coordinación corre nesta ocasión a cargo da organización da feira, Italian Exhibicion Group. 

Durante estes días Galicia presenta desde ese espazo gran parte dos recursos e produtos galegos a operadores turísticos e empresas de servizos de Italia e outros países participantes. 

O Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021 teñen un gran peso na organización, tendo en conta que Italia é, despois de España, o primeiro país do que proceden máis peregrinos segundo os datos da Oficina do Peregrino. 

A feira TTG Incontri celébrase este ano a súa 56ª edición na localidade de Rímini e trátase dun encontro en formato B2B, no que só participan empresas e profesionais. Na feira tamén están presentes membros do sector turístico galego por medio dunha misión comercial organizada pola Cámara de Comercio de Santiago en colaboración co Clúster Turismo de Galicia. 

A presenza de Galicia en Italia enmárcase no traballo levado a cabo neste país que se reforzará coas accións programadas a iniciativa da Xunta de Galicia para que a Oficina da Consellería de Turismo de España en Roma acolla diferentes accións de promoción do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2021.