Exporpymes reuniu na Coruña a 185 empresas galegas con exportadores internacionales

Expocoruña acolleu este martes a VI edición de Exporpymes, un evento que reuniu a 185 empresas galegas con 90 exportadores procedentes de 27 países co obxectivo de establecer relacións de negocio e incentivar a exportación dos seus produtos. 

O sector da alimentación e das bebidas foi un dos máis representado, xunto co de materiais de construcción. Empresas como Menduiña ou Mirabel do Rosal presentáronse ante representantes de Estados Unidos, Reino Unido, Polonia, República Checa, Colomboa, Perú, México, Israel, Irlanda, Turquía ou Panamá, e por primeira vez nesta edición Dinamarca, Suiza, Jordania, Túnez, Senegal, Ghana e Burkina Fasso.

Na inauguración do evento participou o deputado da Deputación da Coruña, que José Ramón Riobóo, que destacou a importancia de apostar pola internacionalización das empresas coruñesas. O deputado lembrou que a provincia coruñesa é xa a cuarta de España por volume de exportacións e concentra case o 50% do total de exportacións galegas, pero afirmou que "para manter ese liderado e continuar a senda de crecemento dos últimos anos, todos os axentes e administracións comprometidos co emprego debemos sumar esforzos".

"A provincia da Coruña conta cun potencial enorme, con infinidade de recursos e cun gran número de pequenas e medianas empresas dispostas a dar o salto da internacionalización. Esta feira supón para o noso tecido empresarial unha excelente oportunidade de abrir establecer novas relacións comerciais para continuar crecendo e xerando riqueza desde A Coruña", afirmou José Ramón Riobóo.

Pola súa banda, o presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro, afirmou que "foros coma Expopymes permiten transmitir unha imaxe sólida do empresariado galego e, por ende, de Galicia".
















sectores de alimentación, bebidas y materiales de construcción son los sectores gallegos más representados.