
Tamén se fixo pública a decisión do xurado técnico, formado por Quique Rodríguez, Sergio Fernández, José Luis Oliveira e Jesús Rodríguez Carreiras. O primeiro premio foi para Paprica, pola tapa “Ravioli”; o segundo premio concedéuselle ao Restaurante Campos, por “Rib de Duroc”; o terceiro premio, á Arrocería Os Cachivaches, por “Anguía, foie e mazá”; a mellor maridaxe con Estrella Galicia conseguiuna o Mesón Pulpería O Castelo con “Polbo afumado á grella”, e a mellor maridaxe con D.O. Ribeira Sacra, O Cincuenta e Seis con “Rabo de boi, redución de Mencía e arroz salvaxe”.
Durante o acto, tamén tivo lugar o sorteo entre todos os cupóns de votación para coñecer os gañadores das viaxes, ceas e resto de regalos, que estarán dispoñibles dende mañá na web www.eparacomerlugo.com