
A programación previa ao gran día da festa está chea de actividades enogastronómicas que comezarán este xoves, 3 de outubro, cunha cata-maridaxe a catro mans. Será ás 21.30 horas, no restaurante " Horta e Viño" do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro como oficiantes.
O sábado 5, ás 16.30 horas, arrincará a " Andaina do Tinto Rías Baixas" e o "V Roteiro dous petiscos do Tinto Rías Baixa"' celebrarase do 5 ao 11 de outubro en locais de restauración das Neves, que servirán un pincho e un viño por 2,50 euros.
O sábado 12, chegará o ‘día central’ da cita deste ano, que empezará ás 10:30 h. coa apertura da Festa, dará paso ás 13:00h. ao pregón a cargo da actriz e presentadora de televisión Neves Rodríguez, quen abrirá unha xornada na que ademais do protagonismo do viño e da gastronomía, haberá música e actividades pensadas para os máis pequenos.
Segundo sinala o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o obxectivo da cita é xerar ao redor desta festa unha ‘cultura’ dos sabores, tanto dos propios desta cita enolóxica, coma gastronómicos, culturais ou paisaxísticos.