
No acto de entrega de premios, que tivo lugar Centro do Viño da Ribeira Sacra participaron o organizador das catas-concurso, o taboadés, José David Fidalgo e o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez. José David Fidalgo destacou na súa intervención o esforzo da Irmandade dos Centros Galegos en Euskadi por promocionar os produtos galegos e, en particular, os viños galegos “con esta cata-concurso na que os viños da D.O. Ribeira Sacra sempre obteñen premios. Cada ano os viños desta Denominación son máis coñecidos e recoñecidos”.
Pola súa banda, José Manuel Rodríguez, felicitou aos premiados e agradeceu o traballo de todas as adegas que presentan os seus viños a concursos, certames e feiras “obtendo excelentes resultados e facendo posible que os viños da D.O. Ribeira Sacra sexan coñecidos en todo o mundo”. E agradecía a celebración da Cata dos Viños Tintos Galegos en Euskadi. O seu promotor, José David Fidalgo entregaría tamén obsequio de recoñecemento a José Manuel Rodríguez, pola colaboración da D.O. nesta cata concurso.