A Deputación da Coruña estuda ampliar o proxecto de recuperación do río Anllóns

A deputación da Coruña está traballando nun proxecto para recuperar a ribeira do río Anllóns mediante un sendeiro que permitirá o tránsito a pé ou en bicicleta e que sinalizará os recursos que existen no seu transcurso, como muíños e pontes. 

Pero ata agora o proxecto non incluía o curso alto do río, polo que os concelleiros do BNG da Laracha ten solicitado formalmente que se amplíe para incluir as fontes orixinarias do río que se atopan entre Cerdeda e a Laracha, que neste momento se atopan abandonadas e que deberían conservarse mellor debido ao seu especial valor paisaxístico e natural. Agora tocaralle ao organismo provincial estudar e decidir se atende a solicitude. 

Xoán Manuel Sande e Carolina Castiñeiras trasladáronlle esta proposta ao vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, nunha reunión na que tamén aproveitaron para solicitar unha nova sinalización para o menhir de especial interese que se atopa na Laracha, que neste momento é difícil de atopar. Neste sentido, Regueira informou de que o concello da Laracha foi incluído recentemente no proxecto de Parque do Megalitismo da Costa da Morte por vontade da Deputación da Coruña e iso posibilitará a mellora do entorno, a accesibilidade e a posta en valor do menhir como ben catalogado.