
Deste xeito, en Solpor queren reforzar a ligazón entre os que traballan nesa prolongación dos camiños que leva a Fisterra e Muxía e os que o fan na propia Compostela.
“Un MAR de GRAZAS” desenvolverase no Salón Real e na Capela do Hostal dos Reis Católicos e contará con máis de 50 empresas participantes, nun formato workshop que está especialmente pensado para os profesionais ligados aos camiños.
A degustación de produtos da Costa da Morte e doutros concellos polos que pasa a ruta, o sorteo de estancias ou unha actuación musical serán outros atractivos de Un Mar de GRAZAS, entre os que estarán autoridades autonómicas e locais.
Jesús Picallo, presidente de Solpor, salienta: “Quen veña a Un MAR de GRAZAS atoparase co sector turístico e hostaleiro de calidade do noso camiño. Para nós, a ruta é a fonte de creación de emprego e revitalización máis importante dos nosos lugares; e vinculados a el levan aparecido todo tipo de negocios e actividades”.
A Asociación Camiño do Solpor naceu no 2014 como a unión dos empresarios da contorna do Camiño Fisterra-Muxía que están vinculados, de calquera xeito, coa ruta. Así, nela entran albergues, hoteis, casas rurais, empresas de transporte, fisioterapia, provedores para a restauración…
Os seus obxectivos son promocionar este itinerario, mediar ante as administracións, loitar contra as malas prácticas, e, en xeral, mellorar a experiencia dos peregrinos que a escollen.
Dende entón levan posto en marcha numerosas accións, como a posta en marcha do portalhttps://www.caminodesolpor.gal/ ou o deseño dunha credencial deste vieiro e dun mapa cos lugares de interese da ruta.
Hoxe en día, Solpor, Asociación Camiño Santiago a Fisterra-Muxía, reúne a máis de 140 socios de 12 concellos: Ames, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Negreira, Outes, Santiago, Vimianzo.