82 millóns de euros para preparar o Xacobeo 21

A Xunta investirá 82 millóns de euros durante o ano 2020 para preparar o Xacobeo 21, unha parte moi importante do orzamento de máis de 157 anos cos que este ano conta a consellería. 

En concreto, unha das inversións máis importantes será a que afectará á propia Catedral de Santiago para que estea perfecta de cara ao ano pasado. Acaba de anunciarse unha nova inversión de 800.000 euros para finalizar os proxectos en marcha, dos que só restan por licitar un 10%. 

Pero as actuacións irán moito máis alá de Compostela, nin sequera se limitarán aos concellos polos que pasan os Camiños, senón que segundo destacou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, en comparecencia parlamentaria "se extenderán a todas as cidades e vilas da nosa comunidade". 

Entre os principais plans enumerou o Plan de mantemento dos Camiños , con 3,7M€; o Plan de Embellecemiento, con 1,2M€; o Plan de Albergues, que ascende a 8M€; o Plan de Sinalización, que en 2020 se corresponde co Camiño de Inverno, con 3M€; oPlan de BIC, con 4M€, ou a finalización do proxecto do Monte do Gozo, entre outros.

Ademais, Román Rodríguez adiantou que están traballando no deseño da programación do Xacobeo 21, que contará con 10 millóns de euros en 2020 e será presentada a finais de ano e chegará a toda a comunidade.