XXXII Festa da Ameixa de Campelo

Os días 13, 14 e 15 de setembro chega a XXXII Festa da Ameixa de Campelo, celebrará no mes de setembro, cunha nova edición do Certame de Música Mariñeira con grupos procedentes das catro provincias galegas e que celebrarase no interior da carpa de degustación gastronómica situada na Praza da Granxa. No apartado musical contará ademais cos concertos de artistas como Coti, o espectáculo musical "Roi Casal, son galego son cubano" e a orquestra Gran Parada. Ademais, haberá 

Este ano terá lugar a III Edición do Concurso de Fotografía "Festa da Ameixa" sendo a temática escollida para este ano "Un mar de lembranzas".

Un dos apartados que non pode faltar nesta festa é a xornada adicada as xentes do mar das tres confrarías presentes na ría de Pontevedra, os mariscadores e mariscadoras de a pe e a flote que se xubilaron ao longo do pasado ano.

A carpa de degustación gastronómica permanecerá aberta durante toda a fin de semana para todos aqueles que desexen degustar as ameixas babosas da ría de Pontevedra cociñadas de distintas maneiras.

Os máis pequenos tamén terán actividades completamente deseñadas para eles, entre as que destacan unha nova edición do "Desembarco Pirata", contacontos e espectáculos infantís. Este ano a Festa da Ameixa de Campelo tamén