
O Deputado provincial de Lugo, responsable da área de Artesanía e Deseño, Efrén Castro Caloto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o concelleiro de Sarria, Pedro López Quiroga, presentaron, xunto co presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria, Jorge López, foron os eccargdos de presentar a mostra.
“Trátase dunha importante cita para a comarca, na que damos a coñecer aos nosos artistas e artesáns a unhas 10.000 persoas de preto de 30 países, que descubrirán a cultura e a tradición que se mantén á beira do Camiño” explicou Castro Caloto.
A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria colabora desde fai anos coa Asociación Camiño Shikoku Henro de Xapón, unha ruta turística e relixiosa irmandada co Camiño de Santiago que percorre a máis pequena das 4 illas principais do arquipélago, documentada desde o século XII. Ten máis de 1.200 quilómetros e pasa por 88 templos e 40 localidades.
Na exposición poderán verse mostras deste camiño, como fotografías ou credenciais. Ademais, membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria acudirán en novembro a Xapón para promover o Camiño Francés no arquipélago nipón, e concretamente a comarca de Sarria.