Unha xornada reivindica a pesca tradicional de anguías no Río Miño

Este sábado terá lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño unha actividade medioambiental gratuíta para tratar de dar visibilidade ao desaparecido arte da pesca da anguía, levado a cabo nos caneiros do río Miño. 

Un dos obxectivos principais da actividade é recordar o antigo modo de pesca da anguía, mostrando parte da etnografía dos caneiros, pequenas construccións artesanais procedendes da Idade Media, construídas transversalmente ao curso dos ríos, que conducían ás anguías cara as artes de pesca onde eran capturadas. 

A xornada tamén tratará de fomentar a gastronomía tradicional e cultural relacionada coa anguía. haberá charlas sobre a pesca e a etnografía e o obradoiro de unha receita tradicional e a súa degustación. 

Os interesados poden anotarse na páxina a través da páxina web da deputación de lugo, a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org. As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.