Santaballa recorda o seu legado indiano

A parroquia de Santaballa, en Vilalba, celebrará este sábado 14 de setembro a novena edición das súas "Xornadas sobre Migración Indianas. Feira do Indiano", unha cita xa consolidada que pretende contribuir á conservación do legado daqueles que tiveron que deixar a súa terra na procura dunha vida mellor. 

O evento foi presentado pola Deputada de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, e o presidente da Liga Santaballesa, Isidro Cillero. A representante provincial puxo en valor esta iniciativa que actúa como “dinamizador do turismo e da economía na comarca” e agradeceu o traballo da asociación para recuperar unha das moitas escolas habaneras que se crearon nesta época gracias ás aportacións dos emigrantes lucenses e que pode visitarse en Santaballa.

O programa das Xornadas integrará música, baile, gastronomía, xogos tradicionais, demostracións artesáns, cabezudos, visitas guiadas e postos de venta... Ademáis, anímase aos asistentes a vestirse de época con sorteos de agasallos entre as persoas caracterizadas.