Presentadas as Exaltacións Gastronómicas de Lugo de setembro

Dentro do ciclo Exaltacións Gastronómicas, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) en colaboración coa Deputación de Lugo, este venres dan comezo as xornadas do mes de setembro que terán lugar ata o día 29. 

O vicepresidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), José Manuel Cela Rodríguez, e a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentaron esta mañá no Pazo de San Marcos a seguinte xornada das Exaltacións Gastronómicas. No acto tamén participaron representantes de Asoporcel, das IXP Grelos de Galicia, Pataca de Galicia e Mel de Galicia, e de Afapán.

A iniciativa, coa que cada mes ata novembro teñen lugar unhas xornadas dedicadas a diferentes produtos da provincia, ten o apoio de diferentes entidades gastronómicas como Afapan, o Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, a DOP Queixo Tetilla, a IXP Mel de Galicia, Avimós, a IXP Castaña de Galicia, a IXP Ternera Gallega, o CRDOP Queixo do Cebreiro, Asoporcel, a DOP San Simón da Costa, Galletas Daveiga, o CRDO Ribeira Sacra, Armadores de Burela SA, a IXP Faba de Lourenzá, Acruga, a DOP Arzúa-Ulloa, Asovega, a IXP Lacón Gallego, a IXP Pementos de Mougán, a IXP Grelos de Galicia e a IXP Pataca de Galicia.

Os 49 establecementos asociados participantes son Val, de Antas de Ulla; O Asador, de Barreiros; A Lonxa, Cervecería Kiko e Casa Miranda, de Burela; Río Lea, de Castro de Rei; Río de Oro, de Cervo; Os Pendellos Pulpería, Daydos e A Faragulla Brasería, de Chantada; Cantábrico e Complejo O Piñeiral, de A Fonsagrada; Casa Damián, O Lar, Xoyma e Hotel Leytón, de Foz; Casa Benigno, de Friol; Casa Gaibor, de Guitiriz; Campos, Casa Paco, Mesón de Alberto, Manuel Manuel, Os Cachivaches, Porta de Santiago, Casa María, O Cincuenta e Seis e Canedo, de Lugo; A Horta de Paula, de Mondoñedo; Tapería Centro do Viño, Parador de Monforte de Lemos, O Grelo, Garden, Abadía San Simón, Manuel Bistró e Hotel Cardenal, de Monforte de Lemos; O Rincón e Parada das Bestas, de Palas de Rei; Rectoral de Castillón, de Pantón; Casa García, de Pedrafita do Cebreiro; San Briz, da Pontenova; Parrillada Casa Torres, de Quiroga; O Lar de Manolo, Parador de Ribadeo, El Oviedo e A Mirandilla, de Ribadeo; Ponte Ribeira, de Sarria, e Parador de Vilalba, Montero e Mesón do Campo, de Vilalba.