O Plan Leader, o investimento no rural e a grande mentira que conleva

O programa Leader mobilizará no conxunto do período 2007-2020 arredor de 175 millóns de euros en beneficio do agro galego, consolidándose así como “un dos mecanismos de maior investimento no noso rural”. Este feito foi destacado polo o conselleiro do Medio Rural, José González, na súa intervención no II Encontro Leader Galicia 2019, que se celebrou na localidade pontevedresa da Estrada. O

O período 2014-2020 o Leader ten un financiamento de 84 millóns de euros, polo que cualificou esta ferramenta como “unha das mellores armas que temos para seguir facendo crecer a nosa terra”. O conselleiro referiuse en particular a proxectos destacados que reciben este apoio, caso das accións de mellora da contorna rural, obras de recuperación e rehabilitación do patrimonio histórico, iniciativas para a posta en marcha de novos recursos turísticos, para a creación ou mellora de áreas recreativas, praias fluviais e sendeiros, entre outras actuacións. 

En relación coa xestión deste programa, os grupos de desenvolvemento rural (GDR) teñen un especial protagonismo ao seren os encargados de impulsar gran parte destas actuacións. Son24 grupos que resultan primordiais para lograr a dinamización do rural galego.

A triste realidade é que logo as grandes empresas de alimentación mercan produtos agroalimentarios en terceiros paises. As laranxas valencianas, por exemplo, quedan tiradas nos campos porque as grandes distribuidoras impórtannas, por exemplo, de Sudafrica e logo véndenas aquí por enriba dos 3 euros o quilo. Esta é a grande mentira do investimnto no rural, como tamén o é que un litro de leite sexa máis barato que un litro de auga embotellada. O agricultor e gandeiro non pode vivir nesas condicións.