María do Ceo ponlle voz ao novo "himno" da Ribeira Sacra

Coñecemos ben a Ribeira Sacra polos seus paisaxes, polos seus monumentos, polos seus viños, por todos esas fortalezas que a converteron en candidata a patrimonio da Humanidade. Pero agora ademais tamén contará co seu propio "himno". 

Trátase dunha proposta nacida a raíz da estreita colaboración entre a coñecida fadista María de Ceo e Armando González, artífice dunha letra que enumera con grande sentimento o mais significativo que engloba a "Ribeira Sacra", seu pasado, seu relieve, seu espíritu e cultura.

A música composta por María do Ceo está reforzada por piano, violin, chelo, guitarra portuguesa, percusións e un coro de voces que lle dan a forza para convertilo nun Himno que una todo o que representa a Ribeira Sacra; os seus Concellos, seus monumentos, a súa historia e a de tanta xente que deixou a súa pegada neste lugar de Galicia.

Próximamente se publicará o “Himno á Ribeira Sacra” en redes sociais e spotify, o igual que o videoclip que acompañará esta proposta musical e que se está rodando na actualidade. Ata finales de outubro, os cámaras recorrerán todos os Concellos que engloban a “Ribeira Sacra”, o propósito é buscar localizacions que son pouco coñecidas, aínda que tampouco faltarán os miradores e monumentos máis característicos.