A Xunta de Galicia acaba de adxudicar a obra de restauración do cubo XXXI da Muralla de Lugo, á altura da rúa Clérigos, que se suma ás obras de restauración que xa se están executando no cubo VII, á altura da porta do Bispo Odoario,
Os traballos proxectados teñen un dobre obxectivo: por unha banda servirán para corrixir unha serie de patoloxías detectadas nas estruturas e propia do paso do tempo e, en segundo lugar, permitirán seguir afondando na investigación arqueolóxica da cerca romana.
A rehabilitación permitirá consolidar o monumento, eliminando a filtración de humidades e a acumulación de auga nos muros interiores. Procederase tamén á escavación manual arqueolóxica do adarve e escaleira da ata a cota orixinal romana.
O seguimento arqueolóxico da obra inclúe a realización de dúas catas coa finalidade de definir o trazado orixinal do cubo romano, a documentación da escaleira, e o levantamento topográfico e a fotogrametría 3D da escaleira exhumada.
A nova obra ten un orzamento de 142.000 euros, que se suman aos 273.400 da obra en execución. En total, a Xunta leva investido máis de 4 millóns de euros na conversación e mantemento da muralla dende o 2009.