
A Ribeira Sacra foi a zona da provincia con máis visitantes, os establecementos tiveron de media un 95 % de ocupación. Lugo Centro logrou un 94,82 %, A Mariña estivo ao 91,5 %, a Terra Chá chegou a unha media do 83,75 % e A Montaña quedou no 75 %.
Con respecto ás cifras rexistradas o ano pasado, os datos mantéñense agás na Mariña, a área onde se notou un lixeiro incremento de turistas.
Por último, os hostaleiros consultados sobre este balance do mes de agosto coinciden á hora de afirmar que os visitantes se reparten entre os procedentes de diferentes partes do propio territorio nacional e tamén de orixe internacional. Ademais, notan que está aparecendo un novo perfil de turista internacional achegado de Corea e China, sobre todo na Ribeira Sacra.