Señorío de Rubiós arrasa na cata oficial da Festa do Viño do Condado

A adegas de As Neves, Señorío de Rubiós, foi a gran triunfadora na cata concirrso da LX Festa do Viño do Condado do Tea, celebrada este fin de Semana en Salvaterra do Miño. Señorío de Rubiós, que tamén acadou o primeiro premio na Festa do Albariño de Cambados, logrou catro "Deliciosos do ano" para outros tantos dos seis viños.

Así, o sousón Señorío de Rubiós, fíxose co premio na categoría de tintos. Na categoría de Rías Baixas Albariño, os premios foron para Manuel´D Amaro (Señorío Rubiós), Pazo Pegullal (Adegas Pazo Pegullal) e Eidosela (Adegas Eidosela, S.C.G). Por último na categoría de Rías Baixas Condado de Tea brancos (polivarietales de albariño, loureiro e treixadura) os premios foron para Piñeiral (Adegas Señorío Rubiós ), Arbastrum (Adegas Eidosela) e Señorío de Rubiós Condado.

Tamén foron nomeados os novos confrades da Confraría do Viño do Tea e espumosos. José Iglesias Ubeira, Genaro Domínguez Riveiro, Marta Araujo Losada, Emilio José Fernández Iglesias, Javier Pérez Castro e Horacio Gómez Araujo. Todos eles relacionados co viño, xuraron o seu cargo e recibiron o seu mandil. Así mesmo foi nomeado confrade de honra o pregoeiro, José Manuel Orriols, e por sorpresa, o ex alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal.

Segundo estimación do Con cello de Salvaterra, durante o tres días da festa pasaron pola localidade máis de 35.000 persoas e vendéronse miles de botellas de viño. Algunhas das adegas que acudiron á festa, 27 en total, esgotaron as esistenciazs xa ao mediodía do domingo e tiveron que provisionarse, especialmente, aquelas que recibiron premios.