Portomarín xa ten un Museo da historia da automoción en miniatura

Acaba de inaugúrase en Portomarín o Museo da historia da automoción en miniatura. Esta situado nos antigos locais da praza de abastos, detrás do consistorio e trátase dun museo único na provincia e un dos mellores do seu estilo en España. 

Recolle unhas mil reproducións de coches a escala 1:43 e ademais de turismos hai camións, autobuses, coches de bombeiros, de ralis, de fórmula un ou mesmo os vehículos de Tintín.

O museo é propiedade do avogado lugués Carlos Somoza, que ademais desta afección aos coches en miniatura e clásicos, tamén ten a empresa Clásicos de voda, para alugar coches antigos aos noivos.