Percebes cercanos e un destino: Riveira de festa en Aguiño

Riveira, a vila máis populosa da comarca do Barbanza e municipio litoral de singular beleza, ten unha oferta variada para o goce comedido do verán, dende a Festa do Percebe de Aguiño, pasando pola xa festexada Festa da Dorna e as patronais de agosto na honra da Virxe do Carmen.

A XII Festa do Percebe de Aguiño, o día 4 de agosto, exaltación gastronómica que se vén celebrando desde o ano 1997, está protagonizada por un dos produtos estrela das rías galegas. Os asistentes ao evento poderán degustar os percebes na lonxa da localidade a partir do mediodía ata esgotar existencias, acompañados de viño Albariño ou Ribeiro, ademais doutros petiscos. 

Os crustáceos poranse á venda en racións de 400 gramos en prato de cerámica de Buño ó precio de 15€. O alcalde de Riveira, Manuel Ruiz Rivas, destaca que, aínda que o municipio é máis coñecido por ser porto de baixura, "tamén polo seu marisco" e sobre todo o seu percebe, cuxa calidade está garantida polos fortes golpes de mar en zonas como Corrubedo. 

Ruiz Rivas valorou que Riveira é "o único concello de Galicia" que pode "presumir de parque natural e parque nacional", a sumouno as festas de verán e este "evento importantísimo", unha cita "inescusable" para visitar o municipio esta fin de semana.

Para remate, as festas grandes, a primeira semana de agosto (do 31 de xullo ao 4 de agosto), na honra da Virxe do Carmen que, nesta vila de Arousa-Norte, se celebran nestas datas aproveitando que veciños que residen fóra volven á casa e fan así da festa un punto de encontro.