"Ourense ICC Week" 2020 xa ten data

A "Ourense ICC Week" 2020 está consolidada como "un referente nacional de vangarda e tendencias nas disciplinas creativas", convertendo á provincia, unha vez máis, en lugar de encontro para as industrias culturais e creativas. Así o dixo  presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Pazo Provincial, xunto aos coordinadores da "Ourense ICC Week", Juan Rivas e Manuel Araújo, e co asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, para fixar as datas de celebración da vindeira edición, do 1 ao 5 de abril, determinar os espazos nos que se desenvolverán as actividades e avanzar na programación., celebrarase 

Na edición de 2020, a programación da Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense desenvolveranse na capital da provincia, Ribadavia, A Rúa e Nogueira de Ramuín, convertendo a estes municipios ourensáns nos lugares de encontro para centos de emprendedores, expertos e creativos.

O presidente da Deputación de Ourense confirma que "toda a provincia debe sentirse protagonista deste marco cultural e creativo nacional, razón pola que Valdeorras, Ribadavia, a Ribeira Sacra, xunto coa capital termal de España, serán a localización perfecta para un encontro único".

Esta nova edición ven avalada polo éxito da edición de 2019 que ofreceu aos participantes máis de 70 horas de programación nunha decena de campos de vangarda creativa, aglutinando nun mesmo evento moda, actualidade, publicidade, tendencias tecnolóxicas, videoxogos e espectáculos musicais, que converteron a Ourense no epicentro cultural de Galicia.

A "Ourense ICC Week" 2019 citou en Ourense a referentes de diversos sectores creativos e culturais como Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García, Adriana Domínguez, Iker Jiménez ou Kiko Veneno.

Nas redes podemos ver un vídeo resumo da edición 2019 da "Ourense ICC Week" que demostra que Ourense é "unha provincia creativa e o escenario idóneo para que flúan as últimas tendencias en escenarios cun inmenso valor patrimonial e peso histórico", dixo Manuel Baltar.