Os oleiros toman de novo as rúas de Buño

Esta mañá foi inaugurada a XXXVI edición da Mostra da Olería de Buño, que dende hoxe ata o vindeiro domingo reivindicará unha vez máis un dos oficios con máis personalidade de Galicia, froito dunha tradición ancestral e sabedoría transmitida de xeración en xeración. 

Os visitantes que se acheguen estes días ata a parroquia de Buño, no concello de Malpica, poderán contemplar as creacións dos oleiros locales, levar unha peza dos numerosos postos de artesanía ou mesmo participar nos diferentes talleres que se desenvolverán ao longo dos catro días da mostra para aprender os principios básicos do traballo co barro. 

Unha das actividades máis chamativas terá lugar o sábado coa carga e cocedura de pezas no forno tradicional, que será descargado o domingo. Pero aínda que a olería será a gran protagonista, haberá espazo para un gran número de actividades paralelas. 

Showcookings, teatro, espectáculos infantís... E sobre todo moita música, con concertos programados para tódolos días entre os que destacan os que darán o sábado Xavier Díaz & Adufeiras de Salitre e Os Resentidos.