
Nesas datas o río énchese de barcas engalanadas que transportan aos asistentes á parte máis alta do río para gozar da festa no campo durante todo o día. Pola noite céase nas embarcacións. No momento de partida pódense observar espectaculares fuegos acuáticos.
Téñense noticias da celebración na prensa diaria do século XIX. Nas súas orixes, os brigantinos, despois dos tres días “grandes” das festas de San Roque, e despois de elevar o globo de papel máis grande do mundo, acudían en barco a un campo situado ás beiras do Mandeo para pasar unha tarde de merenda ao son das gaitas.