
A Xunta de Goberno aprobou a contratación de Barreiro para este fin. “Cremos que unha persoa coma el moi recoñecida socialmente a nivel nacional, cunha imaxe positiva e de credibilidade, e con grandes dotes comunicativas, contribúe de xeito importante a proxectar a imaxe da nosa provincia no exterior”, subliñou a voceira socialista do Goberno e Deputada de Turismo, Pilar García Porto.