La Mariquita de Azúcar triunfa en el Championnat du Monde deas Confiturades

La Mariquita de Azúcar, un obrador artesano situado en Ribadumia, fíxose co terceiro posto dunha das categorías no XI do Championnat du Monde deas Confiturades desenvolvido na localidade francesa de Beaupuy. 

Cunha confeitura de pexego, a froita elixida pola organización, chocolate branco, canela de Ceilán, vainilla e Armagnac, Yolanda Bóveda e David Janza (así se chaman os creadores da empresa) coquistaron ao xurado deste certame. 

Na dita categoría os concursantes tiñan que innovar e ser creativo coa utilización dos ingredientes escollidos. A outra categoría era a artesanal, formada por marmeladas de pexego, limón e azucre. 

Así, os seis membros do xurado decidiron que, de case 200 confeituras, a creación de Yolanda e David tiña que levar o bronce. Pero as súas elaboracións non só cativaron aos expertos, pois tamén sorprenderon ás preto de catro mil persoas que se achegaron ao salón do evento francés. 

Ademais da celebración do concurso, numerosas marmeladas expostas no recinto foron premiadas nuns galardóns paralelos ao campionato, nos que a empresa galega repetiu no terceiro lugar cunha confeitura de mango, piña e ron.