
-¿Qué vai supoñer este novo espazo para Pontevedra e máis
concretamente para a Praza de Abastos?
-Pretendemos e queremos que se convirta non elemento dinamizador
para o Mercado, que debe ser o centro neurálxico da cidade para a hostalería e para os turistas; e
tamén que, de paso, sirva para dar vida e dinamismo aos arredores da Praza, aos locais
hostaleiros, e que a rúa César Boente recupere o dinamismo de anos atrás cando era un ir e vir de xente que ía ao Mercado.
-¿As praceiras están de acordo con esta iniciativa?
-Polo de agora moi contentas, e ilusionadas coa apertura á que están convidadas.
Neste mes de agosto decatáronse que que había moitos turistas que se achegaban ao Mercado e, aída que non estaba aberto, subían a mirar a planta de arriba na
que está instalado o espazo gastronómico. E esa afluencia de visitantes
notárono nas vendas.
-¿Mírase esta zona gastro no espello doutras semellantes
que hai en varias ciudades de España?
-Sempre se poden sacar conclusións e ideas doutros que xa están funcionando,
aínda que cada cal teña a súa filosofía e unha identidade propia. En Pontevedra temos unha vantaxe, pois
non hai grandes superficies comerciais no centro da cidade, polo que se nun edificio como
a Praza de Abastos temos actividades pode converterse nun foco de atracción sobre todo de
cara ao outono e o inverno, que creo que vai ser cando mellor funcione.
-Catorce postos, e catorce propostas a pedir de boca…
-Sí, a verdade e que os postos teñen moi boa pinta, e a
oferta é variada. Ademais quedan aínda 12 postos libres e moita xente se está interesando
por eles; agardemos telos todos ocupados en pouco tempo.
-¿Cal vai ser o horario de funcionamento?
-Aínda non está totalmente definido, agás a hora de peche
durante o verán, que non poderá pasar da unha da mañán. Logo, en principio
falábase de pechar os domingos pola tarde e os lunes, pero como decía, aínda
non está definido.
-