
Neste ano a entidade nomeará a 12 novos membros da Confraría, homes e mulleres que destacan en diversos campos relacionados coa viticultura e a gastronomía, tanto no eido da produción, comercialización ou a investigación, como no da promoción e divulgación dos viños Rías Baixas.
Entre a lista de nomeamentos destacan a investigadora do CSIC, María del Carmen Martínez Rodiño e Julián Benitez Villanova, o que fora director da Estación Experimental de Viticultura e Enología de Ribadumia. Tamén recibirán a capa da Confraría dos Viños Rías Baixas o anterior concelleiro de Promoción Turística de Vilagarcía, Juan Antonio Pérez Callón; Iginio Gutiérrez Perojo, representante do grupo Freixenet en Cantabria e Enrique Covelo Rodríguez, da Orden da Cigala de Marín, entre outros.
Os actos do XV Capítulo da Confradría dos Viños Rías Baixas forn presentados no Concello nun acto que contou coa presenza dos concelleiros de Turismo e de Medio Ambiente, Álvaro Carou e Diego García, o presidente e Gran Mestre da Confraría, Jesús Paz e o vicepresidente Ramón Paz.