Ferrol máis turístico

Durante o mes de xullo foron atendidas nas dúas oficinas de turismo de Ferrol 4.140 persoas, un 10.37 % máis que no mesmo mes do 2018, cando a cifra foi de 3.751. Segundo datos facilitados pola Sociedade Mixta de Turismo, algo máis dun tercio, un 34,96 %, pasaron polo menos unha noite na cidade. Unha proporción similar representou o número de peregrinos, 1.425 (o 34,42 %). Un 10,1 % de todos estes turistas volvían a Ferrol tras elixilo como destino en anteriores ocasións.

No 71,71 % dos casos tratábase de españois, mentres que os estranxeiros foron o 22,13. Por comunidades autónomas, os lugares de procedencia máis salientables foron Madrid (31,9 %), Andalucía (13,48), Galicia (8,45), Castela-León (7,35), Cataluña (5,19), Valencia (4,8), País Vasco (4,7), Castela-A Mancha (4,13) e Asturias (3,95). En canto a países de orixe dos estranxeiros, os máis destacados foron Italia (27,35 %), o Reino Unido (10,28), Alemaña (10,17), Francia (8,64), Portugal (7), Estados Unidos (5,8) e Arxentina (3,06).