Esta semana abre o novo espacio gastronómico da Praza de Abastos de Pontevedra

A Batea do Mercado: mejillonería;Vermutería-coctelería Filamento; Piada Romagnola: piadas, ensaladas, zumos, smoothies; A Fervella: cociña tradicional galega e caseira; Na Póla: hamburguesas, fingers e zorza; Merluzateca: cociña mariñeira; A Polbería: polbo de Ons; Nasa: cervezx artesana; Sete de Abastos: afumados e conservas; Umami Poke; A Viñoteca do Mercado: amplia oferta de viños gallegos; Hortasán, Tenda e Cociña: productos ecolóxicos; Olmos Gastrobar e Bar Praza: os dous bares de sempre, que cociñarán produtos frescos á venda na planta baixa do Mercado. 

Estas son as propostas gastronómicas que ofrecerán os 14 postos instalados no espacio gastronómico da Praza de Abastos de Pontevedra, situados na planta alta do edificio da rúa Sierra. 

A inauguración vaise celebrar este xoves día 22 de agosto ás 20 horas, e correrá a cargo do cociñeiro de Poio, Pepe Solla. 

Para a ocasión preparouse un amplo programa de actividades, segundo anunciou a concelleira de Promoción Económica, Gloria Blanco. Obradoiros infantís, música en directo, djs e máis para dar a coñecer a cidadanía este novo espacio gastronómico que ten como un dos principais obxectivos a dinamización do propio mercado de abastos e das zonas anexas. Abrirá todos os días, agás domingos e lunes.