Esta será a oitava vez consecutiva que a Apehl faga promoción turística da provincia de Lugo por todo o país durante o desenvolvemento desta competición. O posto de … E para comer, Lugo, instalado na zona VIP das 21 saídas de etapa e atendido directamente por persoal da Asociación, goza cada ano dunha grande acollida por parte do público. Ao igual que nas anteriores edicións, serviranse a todos os visitantes aperitivos elaborados con produtos da nosa terra e difundiranse exemplares da guía ... E para comer, Lugo.
Na súa intervención, Balseiro aludiu á vintena de produtos galegos que recorrerán España
da man da Apehl, os cales “son fundamentais na nosa gastronomía e envían a
mensaxe de calidade que queremos vincular coa nosa identidade e coa nosa oferta
turística”, sinalou.
Ademais, destacou o
enorme escaparate que supón para Galicia estar presente nun evento de tales
dimensións e agradeceulle a Apehl o esforzo que realizan cada ano nesta acción de
difusión dos produtos lucenses e da oferta turística da provincia, así como aos
produtores pola súa colaboración, e rematou a súa intervención co desexo de que
se poida repetir o éxito de edicións anteriores.
Segundo o presidente da Apehl, “son moitas as persoas que eloxian
a calidade, a frescura e a variedade dos produtos que se ofrecen no stand da Asociación e así queremos que
siga sendo”. Así mesmo, o presidente da Apehl fixo especial fincapé en que, por
segundo ano consecutivo, a Asociación de Cociñeiros da Mariña participará en
varias etapas de La Vuelta cociñando produtos típicos en directo –polo momento,
xa está confirmada a súa presenza na etapa 16 (Pravia, Asturias)–.